Un compañeiro historiador dará unha charla sobre a historia da piratería na Galiza, ao longo dos séculos. Logo, falaremos sobre o último número da nosa revista e a historia e traxectoria do colectivo ao longo dos seus 12 anos.
Non faltedes!
]]>—
19:00 Proxección: “Los ángeles negros de la utopía”
20:00 Charla: “Historia da piratería na Galiza”
22:00 Gran foliada aberta
O acto terá lugar na Librería Metáfora (R/ Travesía Charino, 9, ao carón do Teatro Principal), a partir das 19:00. Teremos revistas e materiais do noso colectivo para distribución.
Vémonos nos mares revoltos!
]]>Neste número rescatamos a memoria de distintos episodios de revolta e resistencia dos que cremos que hai moito que aprender, percorremos a historia do monte veciñal galego, conversamos cun mapuche sobre a loita e a vida do seu pobo, profundamos nos conceptos de Moral e Ética; e aínda temos tempo para falar de encontros na cuarta fase con seres doutros mundos, ler poesía, practicar herexías e moitas cousas máis.
ÍNDICE DE CONTIDOS :
PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN* :
Compostela:
– CSA do Sar (Rúa Curros Enríquez 28)
Lugo:
– CS Mádia Leva (Rúa Serra de Ancares 18)
– Bodegón A Fouce (Rúa Ramón Montenegro 2-4)
Pontevedra:
– Distribuidora Anarquista Polaris (distripolaris@riseup.net)
Vigo:
– CS A Cova dos Ratos (Rúa Romil nº 3)
Lisboa:
– CSA Disgraça (Rua da Penha de França nº217A/B)
*Os exemplares físicos estarán disponibles nos puntos de venta a partir de decembro.
]]>Por este motivo, queremos axudar a lembrar a estas mulleres editando unha publicación co texto que xa tiñamos na web sobre a súa historia e que escribimos para que non fique no esquecemento que incluso nas condicións máis adversas e difíciles, cando todo semella xa perdido, houbo persoas que foron quen de sobrepoñerse ao medo, ao sufrimento e á desesperación para rebelarse e loitar polas súas vidas.
Á memoria das que non voltaron.
A Ala, Ester, Regina, Roza e a todas as demais.
Descarga a publicación de balde clickando aquí (versión para lectura) ou aquí (versión compaxinada para imprimir).
Para conseguir unha edición física: abordaxe@bastardi.net
Prezo: 1 €
As piratas embarcadas na nave da Editorial Abordaxe! presentamos un novo exemplar da nosa revista que, tras unha década de traxectoria, fai o seu nº 7.
Neste número viaxamos alén do Atlántico, reflexionamos sobre a grandeza e as miserias da liberdade, falamos sobre a situación política de Catalunya e o papel das anarquistas, lembramos historias de piratas, revoltas e okupacións… Pero tamén visitamos a Illa de Arousa na procura da súa esencia anárquica e aínda sacamos tempo para escribirlle a persoas presas, ler contos e moitas cousas máis!
Estamos en trámites de poñer exemplares desta revista en formato papel en diferentes espazos da xeografía galega e mundial para facilitar súa distribución. Se alguén ten unha distri e quere axudar a difundila que escreba a abordaxe@bastardi.net . Ao final desta entrada podedes consultar a listaxe deses lugares, que iremos actualizando a medida que se confirmen. Tamén estamos dispostas a achegarnos a calquera lugar a facer presentacións do novo número.
Premendo sobre a imaxe que acompaña este texto e que ilustra nosa portada do Abordaxe! revista anarquista nº7 teredes acceso gratuíto ao pdf desta nosa revista (e tamén a túa), da que vos adiantamos acá seu ben completo índice:
PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN:
A Coruña:
–Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa Gil Vicente 17) en breves, pendentes de chegar
Compostela:
–CSA de Sar (Rúa Curros Enríquez 28)
–Taberna O Pozo (Ruela das Ánimas 1)
– CSOA O Aturuxo das Marías (Rúa Campo do Cruceiro do Galo 1)
Lugo:
–CS Mádia Leva (Rúa Serra de Ancares 18)
–Bodegón A Fouce (Rúa Ramón Montenegro 2-4)
Pontevedra:
–Distribuidora Anarquista Polaris (distripolaris@riseup.net)
A Guarda:
–CS Fuscalho (paseo marítimo, xunto a Atalaia) en breves, pendentes de chegar
Lisboa:
–Disgraça (Rua da Penha de França nº217A/B) em breves, pendentes de chegar
Cacilhas – Almada:
–Centro de Cultura Libertária (Rua Cândido dos Reis, 121, 1º Dto) em breves, pendentes de chegar
Porto:
– Lugar por confirmar em breves, pendentes de chegar
]]>A continuación deixamos a programación do evento que terá lugar no CSA de Sar (Rúa Curros Enríquez nº 28, Compostela). Durante o a xornada haberá xantar vegano e bebida a prezos populares:
ÁS 18:00H
-Charla “10 anos de Abordaxe!”
-Presentación do nº7 da nosa
ÁS 20:00H concertos con:
Este texto é só um resumo, uma pequena recordaçom dum desastre histórico que ainda tem repercussons nas nossas luitas de hoje. 100 anos depois, cabe-nos a nós lembrar a apropriaçom bolchevique da Revoluçom Russa, que constituiu um desastre para a classe trabalhadora, um desastre para o povo russo e para todos os povos submetidos ao Império Russo, um desastre para os Movimentos Anticapitalistas à escala mundial, um desastre para quem procura liberdade, um desastre para a humanidade.
A ATUAL IMPORTÂNCIA DA CONTRARREVOLUÇOM
Recuperar esta memória histórica é importante por várias razons. Antes de mais, para lembrar as mortas, para que estejam sempre connosco e para derrubar os tronos que seus assassinos construíram em cima das suas sepulturas; para deixar de homenagear como heróis aqueles que atraiçoaram revoluçons e atuaram como verdugos das oprimidas.
É importante porque a memória histórica é a nossa biblioteca de liçons revolucionárias, a aprendizagem comum que nos aproxima da liberdade. E se armazenamos volumes falsificados nessa biblioteca, histórias de mentiras e de vitórias que nunca aconteceram, repetiremos os mesmos erros sucessivamente. Ao transformar em heróis ás pessoas e partidos que sufocaram revoluçons, conservamos ideias completamente irrealistas sobre o que é a Revoluçom e sobre como alcança-la. Se pensamos que o Estado pode ser – ou alguma vez foi – uma ferramenta das pessoas capaz de derrotar o Capitalismo, criamos a receita perfeita para a derrota: um Movimento Revolucionário em que é impossível distinguir as ingénuas e as entusiastas das oportunistas que tentam subir os degraus do poder.
Há um padrom inquietante na Esquerda. Ela vende o futuro da Revoluçom assinando pactos com o Demo. Uma e outra vez, a Esquerda Autoritária obstrui os Movimentos Revolucionários implementando estratégias que previsivelmente fracassarom. A vantagem dessas estratégias é a de que permitem a quem as usa monopolizar a luita. Se tiverem uma vitória parcial, impõem o seu poder monopolizando instituiçons estatais que servem para comprar ou reprimir todos os outros sectores da luita. E se fracassam, tendo criado uma luita espetacular em que som os protagonistas trágicos, podem transformar toda as outras em espetadoras que observam um combate mediático entre dois polos hierárquicos.
A libertaçom deve ser levada a cabo polas oprimidas. A Revoluçom, por definiçom, deve ser auto-organizada e, acima de tudo, as classes populares devem manter a autonomia das suas luitas em relaçom às instituiçons de poder.
Som-nos queridas todas as revolucionárias e luitadoras que sacrificaram tudo nas luitas que vieram antes de nós. Cuspimos na memória daqueles que tiraram proveito dessas luitas para ascenderem ao poder e daqueles que tentaram impor a sua verdade inquestionável a todas as outras, obstruindo a atividade da própria classe que, hipocritamente, pretendem libertar.
Viva Revoluçom de 1917!
Abaixo todos os ditadores, representantes e políticos!
Para lêr o descarregar a brochura de balde:
100-ANOS-DEPOIS-DA-CONTRARREVOLUÇOM-BOLCHEVIQUE
Para conseguir ediçons físicas:
abordaxe@bastardi.net
Preço: 2 €
Versom Original em catalám: Editorial Segadores (antes Josep Gardenyes) Novembro 2017
Versom em galego: Editorial Abordaxe! Fevereiro 2018
Páginas: 28
Traduçom, desenho e maquetaçom: O Gajeiro
Outras versons na rede:
Em inglês: CrimethInc.
Em português padrão: Portal Anarquista (Colectivo libertário Évora)
]]>Talvez a consideraçom mais atenta sobre esta problemática por parte de novas geraçons de moços antiautoritários galegos desde há mais ou menos umha dúzia de anos, inaugurou para o independentismo novas possibilidades projetantes de caráter libertário no contexto de tensom da luita pola autodeterminaçom do povo galego e que poderiam representar um problema de gestom para o Estado-capital em geral, e um rejeitamento íntegro dos Estados tradicionais em concreto, mas no momento presente falamos só dumha interessante projeçom, achando em falta e aproveitando também esta compilaçom de textos de distintos autores para reclamar umha sólida projetualidade.
Para ler ou descarregar o texto:
Para conseguir ediçons físicas:
abordaxe@bastardi.net
Varias/os Autoras/es
Ano: 2014
Páginas: 38
Traduçom: Aarón L. Rivas e Xoán R. Sampedro
Desenho e maquetaçom: Ediçons Diáspora
Preço: 2 €
]]>A Western Wildlife Unit foi un pequeno núcleo afín á FLA composto de activistas antiespecistas, veganxs e eco-anarquistas de orixe indíxena (da tribu Pascua Iaqui) que ademais de conectar na teoría as opresións sufridas polo seu pobo coa opresión dos animais non-humanos, lograron poñer contra as cordas á industria peleteira dos EUA mediante unha serie de potentes ataques que incluíron sabotaxes a obxectivos estratéxicos, liberacións de animais e escritos de presión dirixidos ás autoridades.
O desexo de traducilo e publicalo na nosa lingua xorde da intención de espallar todo o posible un texto que no seu día transmitiunos moitas cousas e que consideramos unha letura esencial para coñecer unha campaña militante exemplar. Este libro e as experiencias de loita que narra demostran que non fan falta grandes medios para levar a cabo accións contra as industrias de explotación animal, e que un pequeno grupo de activistas sen grandes recursos ao seu alcance pero con moita determinación pode poñer en xaque e mesmo destruír aos seus obxectivos. Algunhas persoas sufriron posteriormente duras medidas represivas cando foron detidas ou extorsionadas polos Grandes Xurados, investigadas etc; pero con todo, o tremendo dano causado a esas empresas é innegable e en moitos casos, irreparable.
Este libro publicouse o día do aniversario da morte do activista antiespecista Barry Horne, e gustaríanos adicarlle isto á súa memoria, e á memoria de todas as compañeiras e compañeiros que morreron loitando por un mundo sen gaiolas. Por Barry, por Jill, por todxs. Polxs que sufren o cárcere por ir máis alá das palabras e polxs que aínda seguen por aí e non cesan.
Para ler ou descargar o texto:
Para conseguir edicións físicas:
abordaxe@bastardi.net
Autor/a: Western Wildlife Unit / Frente de Liberación Animal
Ano: 2016
Páxinas: 70
Tradución: Editorial Abordaxe!
Deseño e maquetación: Distribuidora Anarquista Polaris
Prezo: 3 euros
]]>